sábado, 28 de mayo de 2011

Quedada para o domingo 29/5 ás 17:00

Domingo 29, bikepolo ás 17:00
.
.
.
A xente xa está a maquinar o miolo pensando no Campionato de Europa (...ostia ¡hai que leelo dúas veces! primeiro para decatarse, e logo pasar a vertixe! ) ...Pois a Robert non lle tremen as pernas; xa está a instruirse seriamente para a cita. Este video rescateino do seu Facebook (e el segue coas súas clases intensivas).

A tomar exemplo, final do Europeo do 2010.

EHBPC Final 2010 - European Bike Polo from Cycle Oxford on Vimeo.

PS. o dito: mañá polo polo !

martes, 24 de mayo de 2011

tic, tac ...e aínda sen fotos

Luces e sombras,
sombras e luces...




(recurtes da 'prensa') ¡extra! ¡extra!

CAMPIONES ! ...ou case que ;- )

Procurando... procurando... aínda non atopo fotos nin en Enciclika, nin en Bikepologijón nin na Liga Ibérica de Bikepolo... Pero xa digo agora, sen buscar máis, que temos unha grande nova dende hai unhas 24h.; aí a vai aínda que sen fotos:

E equipa d'A Coruña Vai Polo Rejo (Sebastián, Roberto, Calvet) 5º's no campionato de España, clasificada para o campionato de Europa, a celebrar en Barcelona o 23 de xuño. Equipa revelación do campionato ! !! :lol:

;- )

Despois das series suizas (puntos) entre as 22? equipas, os 8 primeiros xogaron a eliminación a dobre partido, e ós nosos tocoulles con Los Manguis (equipa punteira a nivel mundial). FANTÁSTICOS (...e seguro que xogaron limpo) non podían quedar mellor! !!(e por iso a licencia de 'CAMPIONES' no título).
...sentou de p.m a semana anterior a entrenar cos locais.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...