lunes, 25 de julio de 2011

Nostalxia do EHBPC

European Hardcourt BikePolo Championship, 2011. BARCELONA.
...acción!


.
.
.
lembro estoutro estupendo video, máis tranqui, do EHBPC; o cal xa publicamos [Video 11']


A bici de Sión.

Aproveitamos o relax da ponte (a xente marcha da cidade) para comentar outra fixa d'A Coru: a LeafCycle Gipsy de Sión (creador de Bikes&Books ).


A bici non ten maior mérito creativo que o de escollela de catálogo. Mais o árido das cores e do que fago de presentación, tórnase vivo cando baixamos a mirar os detalles da guía-potencia monopeza, bielas e sela de BMX, gravado da marca no guía, etc.




A Gipsy é unha bici para trucos e que vén con buxe flip-flop, con moi pouca batalla -distancia entre eixos- asegurando toe-lap a pouco que se centre o pé no pedal; e á que so un demente non poría freo/straps/calapés ou automáticos ...mais como debe haber diversidade, celebramos atopar o caso.

Nova, cotiza os 799€ ...e disque hai moi poucas Gipsy rodando pr España.


martes, 19 de julio de 2011

A bici de Gabo...

Mínima dende as cores (branco, negro, metal e coiro) e austera nas pezas; e tan austera! ...que a maioría das pezas semellan vellas orixinais (potencia, tixa, ponte de freo) e o marco, un antigo de racores; unha fixa reciclada de libro. A pretendida elegancia á primeira vista, logo remárcana as voluptuosas curvas do desnudo guía de criterium.





Gabo achegouse ó polo, pero xa nos dixo que ata que fixera a bici específica non o veriamos xogando na pista.

lunes, 18 de julio de 2011

Fotakas, domingo 17 xullo

¿ Quen deixará de probar o polo? ...Isabel so pasaba por alí e logo ficou na portería; Roberto Porto probou a levar o mazo e a bici. Semella que vai espallándose o verme do polo. Hoxe veu por primeira vez Alberto; este máis decidido a xogar de verdade ó polo que os dous anteriores.

O da KDD ás 17:00, non a respectou nin cristo ...ás 18:00 ía chegando o primeiro (eu estaba alí para velo). E do que se dixera de levar camisolas de cores vermella e branca: so Monchiño cumpriu... mais veña a pasalo ben; si, certamente, pasámolo moi ben...
Déixovos coas fotos da xornada, que esta foi con pelota maciza de hockey (sufriron bastante os mazos)


Mirada cara ó embigo.


· Google Adsense discrimina ó galego. Isto á parte da baixada de visitas que carrexa un blogue que non sexa en english ou castelán.  Pois nada ...que NON, sen anuncios. Aquí, resistindo. (E o caso é que o traductor automático de Google identifica ás páxinas en galego como escritas en portugués :? )



· E recén agora... 4.000 visitas (unha media, últimamente, de 25 diarias).

· E sabede tamén que navegar moito pola internet ten consecuencias nas emisións de CO2: data-centers, consumo eléctrico do computador... a sociedade de información é responsable dunha cantidade de emisións case que semellantes (2%) ás do transporte aereo mundial (3%).


Así que, rapaces, contra a propia vanidade, deixade o blog e a internet: ala para á rúa...  ide xogar ó polo!.

sábado, 16 de julio de 2011

KDD, domingo 16 xullo 17:00h

Ou sexa, recuperamos horario habitual.

PD. non haberá choiva á tarde.
PD.. levade camisola de cor vermella mais outra branca (procuramos reducir o caos)
PD... envéxovos ó erguervos ás 8:00 da mañá e ter tan boas novas no bandexa de entrada.
PD.... Robert, a - t i l a! !!! (ou sexa, que tomes antes do partido -t-i-l-a- , ou valeriana ...¿pasamos a receitar Valium?!)

Foto: Vai Polo Rejo ''sachando a horta'' (Robert e Calvet cos sachos levantados; Sebas o lonxe ...lembrando a que lle caera nos dentes ).

A bici de Oli

Pouco máis que engadir á imaxe: esta fixa foi deseñada/composta por encargo a Carlos (de Googies en A Coruña), e montada no taller de Andrés Calvet. Algo tivo que ver o polo!


Compoñentes: White Industries, Nitto, Concor, Campagnolo, H+son e Brooks.

viernes, 15 de julio de 2011

Librería d´A Coru busca patrocinar equipa de Bikepolo

A tenda en-liña Bikes & Books (aínda realmente no limiar dun proxecto) para venda de libros sobre ciclismo/bicis, ten interese no bikepolo, e concretamente... en patrocinar unha equipa da nosa Cidade:



Despois do longo inverno de promoción propia, con partidos non moi lonxanos no tempo que eran a miudo 1vs1, temos sensibilidade cos inicios, e se cadra hoxe xogando pachangas -agora xa concurridas pachangas- de domingo, a profesionalización, cáchanos aínda case que por sorpresa.

Alén da cousa viaxeira e da vagaxe particular dos compañeiros de Vai Polo Rejo no campionato de España e de Europa... rapaces ¿a que non nos virían mal uns maillots cos que distinguirnos? ¿ou mercar un banco de taladro para as mazas? ¿ou... (haxa cartos que soñar non custa)?. O 'prezo' de ser patrocinados por un punto de difusión cultural como é unha librería, ten un toque cool que xa quixeran velo tod@s no maillot.

Bikes&Books, segundo investigo, ten unha ligazón-continuidade con LaLibreríaDeSión (librería de A Coruña especializada en deporte/bicis; distribuidora da Wallride Magazine) á espera das achegas que lancen próximamente o negocio, está a realizar a labor de difusión principalmente a través do Facebook .

jueves, 14 de julio de 2011

Fotakas, mércores 13 xullo

Noite quentiña; polo concurrido e polos crash test ós dummies de carne e oso.

Foi de 21:00 a 0:00. A noite veu marcada por un bloqueo de Sebas a Robert: Robert, que podía ter tempo de frear, non o fixo, e se cadra acelerou buscando unha saída ó bloqueo ...que non atopou; hostia lironda. Non se precisaban sensores xaponeses para percibir a subida da Tª e escoitar a baixada dos santos. Ben que Robert logo prestoulle a roda, e en intres semellaba que voltara a amizade; haberá que comprobalo en vindeiras xornadas.

Na mesma liña (xa levado con mellor humor)... mazazo de Calvet´e a Sebas ( ...nos dentes); choque entre Monchiño e Manel na xusta de arrincada, aparición súbita e sen avisar de Robert na pista que comín eu mesmo, e algunha outra hostia que acodeu solidaria á cita, como a que guisou Antonio el soliño, etc.

Hai que recoñecer ós compoñentes de Vai Polo Rejo (digo plural; e iso implica a lo menos a dous) o ánimo competitivo, que xorde e contaxiase espontáneo ó resto. As consecuencias caótico-destructivas, son normais á emoción de camiñar no fío da navalla.

Non so o planeta está en risco de autodestrucción.
O domingo 17: máis do mesmo!. Deixo coas fotos da xornada:

lunes, 11 de julio de 2011

Autoxestión. Engadir membr@s ó grupo de correo-e

Titorial da comisión das dúbidas recurrentes. Léase con coidado:

1. Ir ó grupo de correo de Google:
http://groups.google.com/group/acorunhabikepolo

...tamén configurado para ir premendo a dirección de correo-e do grupo:

2. ...premer en ''invitar a miembros''

3. Poñer a dirección de correo-e, e non esquecerse dunha mensaxe de benvida...

Rematar ''añadir miembros''


Xa está!

domingo, 10 de julio de 2011

Fotakas, sábado 9 xullo

KDD light de adestramento, convocada por SMS por Monchiño, xa que Calvet e Robert tiñan campionatos respectivos de BMX e de Descenso.
Estivemos de 17:30 a 22:30 ¡¡ ¡tolos!!. Monchiño colleu chute de disolvente tentando de borrar o ''Emalcsa'' coa axuda química, polo que botou a pota, chegou tarde -para variar(!)- e desculpamos que non virara ben nas curvas..jeje
Asistentes: Monchiño, Sebastián, Dan, Manel(de estrea: dous radios menos)
A vindera quedada oficial será o mércores 13.

jueves, 7 de julio de 2011

EHBPC 2011

Video do campionato europeo, con boa música e mellores xogadas. Aquí xa tedes unha idea do nivelazo de xogo que se gastan fora da nosa terra...


EHBPC 2011 from Gianluca Ricceri on Vimeo.

Fotogramas do video:
Vai Polo Rejo na táboa de equipas

O Sebas (de pé) e o Robert (sentado) na escea de entrega de premios (a partires do 8'55'')

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...