miércoles, 30 de marzo de 2011

Mazo primario

Por mazo primario enténdase que non se revolucionará a tecnoloxía do polo; mais ten a vantaxe de que calquera pódeo facer:
· Pao de vasoira, do ''todo a cen'' -madeira- 0,75€
· Parafuxo na testa (ben preto e afundido, para que non enganche na pista)
· Cámara de bicicleta reciclada para o mango
...buratos de 20mm: xirando unha navalla. E decoración anti-astelas con cinta aillante

Vantaxes: moi resistente, e so pesa 50 grs máis que a opción de aluminio (non precisa do tornillo).

¿Onde ides? -de volta do Open de Polo de Madrid-

Pois ata que os protas non dean a crónica da súa man, e acheguen o material gráfico propio... eu vou poñendo o que atopei desta finde. Seica o sábado gañaron o primeiro partido, pero logo a emoción xugoulles dúas malas pasadas e perderon os dous seguintes... e así foi pois que ficaron para a rolda dos malos. Logo seica o pasaron superchupiguai xogando 4 horas toda a tarde e... destrozados físicamente. E tamén, seica entre o dito e a mudanza do horario, logo houbo quen non chegou á hora dos partidos o domingo ás 10:00 XD. Déixovos coas fotos que apañei, e a esperanza de que aparezan pronto ...oides avestruces!?.

^ó fondo os nosos rapaces (o do primeiro plano coa camisola ''putas'' non coñezo) ^o Rober (e Sebas ó lonxe) ^Sebas (e algo vese do Rober, que está detrás) ^aí o Sebas coa 'Vitamine' laranxa ('clic' nas imaxes para agrandar)

sábado, 26 de marzo de 2011

Isto non se fai...

...e non sei se refiro ó feito ladroízo e delictuoso (coma moito furto) de tomar prestadas as lenticulares do sistema de bicis públicas do concello, ou tiralas ó lixo (...onde as iamos atopar se non? ) ...ou pendurar logo todo isto no blogue. Se cadra, a maior estupidez sexa de longo a do concello, permitindo á concesionaria pór publicidade na roda dianteira, cando xa ben os bicipoleiros somos sabedores do compricado que deriva controlar unha bicicleta con lenticular; mais cando sopran refachos polo paseo marítimo.

Ó fin, que todo fique nunha acción reivindicativa a prol da seguridade cidadán, e so residualmente e en segundo lugar coma un proveito para o bicipolo.

miércoles, 16 de marzo de 2011

Domingo Polero 20/3/2011

Parece que o tempo desta vez si vai acompañar así que este domingo haberá ocasion de batirse de novo na pista. Ademais, haberá que adestrar un pouco, que a este paso mal o imos pasar en Madrid.... Por outra banda hai xente con ganas de ter pao de seu, así que ide pensando en quedar un día destes para facelos. E por certo, merquei unha boa bola. Esta si que é a proba de bazocazos pero tamén pesa un quintal. Acéptanse doazóns.

martes, 15 de marzo de 2011

Lista de correo para organizármonos.

Para vencer eses problemas comunicativos, non incrementar os dividendos das telefónicas, e tamén simplemente por romanticismo democrático snif snif.. poder actuar todos á iniciativa de todos e de calquera, mudar plans á última hora, ou... concertar cousas kamikaces, saír a queimar coches e tal... pero sobre todo para organizar partidos de polo, con poleiros suficientes pero -xa hai que dicilo- non excesivos... o que sexa, temos chamado por... ... ... mr.Google_Groups : acorunhabikepolo@googlegroups.com Promete solucionar a meirande parte dos nosos problemas; pero aínda fica algo da nosa man. Comentade tamén calquera suxestión. Así de entrada vai o máis aberto posible.

sábado, 12 de marzo de 2011

''Ei... un momento; teño unha explicación para isto''

Non é certo que non houbera fotos interesantes da sesión de polo-moucho jeje hai unha; o que... non sabemos cal é o interese: A foto ''insolente foto'' esta tirada co permiso do fotografiado, mais publicada coa condición de non recoñecelo. Ben... se vos fixades, a cicatriz do xeonllo (foi rotura de tibia e peroné) ¿a que non tendes ningunha así?. XD

Fotos mellor ca letras.

Non hai fotakas decentes do mércores de polo-moucho (rapaces nocturnas). Así pois, coma os nenos de Vai Polo Rejo captan a nosa atención toda -últimamente- e hasta que cheguen ó Open de Madrid, e atopémonos coa dura realidade... de momento vivimos coma unha segunda vida na pel dos campións, e este mércores cedémoslles a pista a eles; foron os únicos que non deron relevo, entrenando duro. O dito, perante a falla de imaxes recentes, aí o van unhas fotos inéditas de Calvete e Sebas o 6/02/2011 Rober sempre chega tarde, polas pipas, así pois claro, non sae as fotos ...non, en realidade Rober estaba tirando as fotos; estas fotos saíron da súa camara :
('clic' nas fotos para agrandar)

KDADA : domingo 13 - 16:30

O pasado mércores de polo-moucho quedárase para xogar o domingo; no horario 'habitual' (16:30) e por suposto na pista de Adormideras. So transcribo o acordado, porque ...eu non vou estar -o material si (anque comezan a faltar mazas)- e podo contar -agora que convócase polo blogue- que a xente soe ir chegando ó longo da tarde. Así que anovar costumes de horarios ou ficar na tradición... está nas vosas mans.
3 ...2 ...1 ...polo.

jueves, 10 de marzo de 2011

Mazos 'Perro del mal(let)'

''Perro del mal(let)'' contactou con nós, para pedir unha ligazón no blogroll; e xa con esas, aproveitamos a ocasión para cuestionar a Alejandro (porque a súa web non está moi clara, coma recoñece el mesmo...) e isto é o que hai: · Bastón de aluminio, sección variable, ALU7075 - 10€ c/u · Cabeza de mazo xa perforada (3 modelos a elixir) - 6,50€ c/u · O mazo totalmente montado - 15€

Xa temos correo-e ...

A vista da chegada de tantos padawanes que botan as áncoras por Adormideras, sospeitamos que poideran haber moitos máis con falta de guía; así pois para os perdidos, poñémolo máis doado, e que para calquera dúbida non haxa máis que escribir un correo-e :
acorunhabikepolo@gmail.com
Lembramos tamén:
1.- Que xa estamos no mapa das ligas do mundo, e que podedes engadiros:
2.- Que temos apartado na Liga Ibérica de BikePolo
PS. esta é a primeira entrada asinando co meu nome (pero as 5 anteriores son de puño propio).

lunes, 7 de marzo de 2011

Polo nocturno: mércores 9/03 [22:00-00:00]

Aínda que non haxa fotos, isto podería ser unha re-edición do polo-moucho do 5/11/2010 (no '5º aniversario da masa crítica')... xogando ás 2:00AM no asfalto e á luz dos farois, que o pasamos estupendamente (unhas frontais terían sido un plus importante). Os rapaces de Vai Polo Rejo queren aproveitar a luz da lúa e o entreno para procurarse superpoderes de cara ó Open de Madrid.

Fotacas do 27/02/2011

Polbo e néboa no blogue, pero horizonte despexado ó bicipolo n'A Coru...! Foron 3 horas de xogo intenso, cortadas porque todos tiñamos algo que facer na casa, e no intermedio un descanso coa compaña das 'estrelas' que achegou Dany. Esta vez non houbo averías, anque si unha zoupada considerable; foi Sebas, o que ó xirar tocou co pedal no chan e deixou entomatado o xeonllo... ''que non decaia o ánimo; non pasou nada, estou ben''; e seguimos xogando!. O que vai clarexando é que chega o momento de que habituais teñamos mazas propias e nos fagamos cargo do mantemento; xa que o desgaste e as perdas de mazos 'para novatos' está a deixarnos sen mazos. Sabemos que os partidos son 3vs3 e que as mochilas están porque alguén esqueceu os conos, mais mira ti que fermosos os 7 en pita: Sebas + Antonio (1ª vez) + Roberto + Abraham + Juan + Dany rojo + DANddv77 ...e aínda faltan: Calvete + Xaq -montando unha bici poleira- + Monchiño -montando outra- + Carlos. Calquera iluso pensaría en facer una liga.

viernes, 4 de marzo de 2011

vaaaaaaaaaannn ós Madriles!

Sebas Sebas Sebas... é moito Sebas; recén que oiu do Open de polo de Madrid habería xa que trepanarlle o cranio para quitarlle a ideia de ir a Madrid; xa pensara ir a Barna o ano pasado, e esta non ía pasar. E vaites que, é aquí unha foto casual do 6/02/2011 (o resto non chegamos a tempo do flash; polas pipas) que xa adiantaba cal sería a primeira equipa e/ou representación coruñenta nalgún torneo. Namais casualidade. Atención agora ó nome da equipa : Vai Polo Rejo enxebre, enxebre ... Sebas, Roberto, Calvete ...

Domingo 06/02/2011

Foi un gran día para o bicipolo coruñento, os resistentes -os que poñen sempre bo lomo para levar mazas e conos, mais para acabar xogando un 1vs1 ou 2vs2- por fin puideron xogar un esperadísimo partido de 3vs3. De súpeto, era coma soltar o cinto, coma o brilar dun día de praia, o futuro parecía brilante sementado de prometedora esperanza. Sentiuse un punto e aparte no Bikepolo.Ac. Bo rollo, risas (iso nunca faltou), moitas emocións e claro, logo tamén algún pique e consecuentes accidentes cando se chama moito de máis polas hormonas... é o que pasa. Pero iso non quitou nada do bo que se prometen vindeiras citas. Entre as anécdotas Roberto meteu a maza nos radios, cuxo pete coa forcanza fodeu dous radios. Abraham coa BMX, tento algo semellante ó que fai Calvete e pegou unha boa co cóbado no chan... lástima de chaqueta; e supoñamos que non era de Goretex de 300€ (anque o semellaba) E ben. Coma resumo gráfico a seguinte foto, B/N composta, tomada prestada do blogue fixero Sorryforthebigote dos compañeiros Abraham e Juan.

Primeira bicipoleira na Coru !

Pasaba a bola por baixo da bici, xogaba polas dúas bandas e por diante e por tras, coma calquera de nós ...e dicía que non xogara nunca!. Pasouno xenial. Muller brava onde as haxa, non quitaba da boca o seu sexo -o bicipolo non está reñido coa educación sexual-. E, tanto falar dela -chamábanlle Sofía- e a entrada do blogue adicada, é porque... ¡son os mellores comezos que temos visto nunca en ninguén! !!. Así e por todo, bótámola de menos. Unha mágoa que veu de Salamanca, e que non sabemos cando voltará. A sinalada data, foi o 06/02 (recuperando tempo perdido)
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...