sábado, 20 de agosto de 2011
KDD domingo 21, ás 18:00
O bo tempo permíteo... e a xente estábase a despistar que se mércores si ou non, e que se venres, sábado ou domingo. Así pois, recuperamos o vello horario habitual relaxado dos domingos. Pelota e mazos están asegurados (quen queira mercar un, que traia 10€), Robert e Calvet prometen estar alí ás 18:00. Sexa pois bikepolo. Vémonos en Adormideras !
lunes, 15 de agosto de 2011
PINZAT : material reciclado
A empresa catalana Pinzat coñecida sobor de todo polas súas mochilas-bolsas para bicis, oferta cada vez máis, material xeitosiño para o noso deporte. Tamén co mesmo material reciclado. Anotade:
Protectores de marco - frame pats
Canilleiras-xeonlleiras - bikepolo protectors
Straps
(...)
Venres 12/8/2011
A xornada, convocada por Sebas, pasará á historia pola manobra distractiva de Carmiña, que pola mañá precisamente pedía que se lle borrara da lista de correo -xa que non ía xogar nunca a este deporte de tolos-. E pola tarde aparecía a ollar ...e a xogar.

Ó día seguinte ó desta foto, estaba a pensar por iniciativa propia en aproveitar un marco para facer unha bici para o bikepolo.
¿??
miércoles, 3 de agosto de 2011
Pelotas
Lemos no blogue de Bikepolo Xixón que as bolas que lles recomendaban a profesional xente de Barna (Enciclika) veñen de Canadá e que custan 25$ a parella, ó que hai que engadir 25$ de envío... ¿total?? ...¿? foder!.
Como nos fan falla bastantes bolas xa (que os compis foron ó EHBPC pero non trouxeron ningunha) ...lío a manta á testa e miro a ver se descobro algo. Merquei estas:
Mercian Min Hockey Balls (no Ebay foron 9.99+8 libras (ou sea... 11,45+9,17=> 20,62€) uns 3 euros e medio por bola envío incluido. Son pelotas do tamaño oficial de hockey pero máis lixeiras [disque 3.5oz (99grs)] que as normais [5.5-6oz. (165 grs)] que din para entrenar os nenos.
O que agora na casa as peso e resultan ser 119grs ...que aínda é excesivo. Pois nada, disque uns taladriños (90) e xa van no peso :
Cheiran moi ben o cal me descobre que o material é o mesmo que o dos flotadores de piscina. E polo demais botan e se comportan como se comportaban coas que temos xogado sempre: pero estas non se aplastan, polo que agardamos que non se autodestruen cando se pisan seis veces.
Paso ó castelán para animar ós comentarios:
¿Alguien podría comentar cuanto pesan las bolas oficiales -o sea, las usuales de los campeonatos- ?
martes, 2 de agosto de 2011
Invento para levar a bola
Elegante solución escrotal, ou disque un tanto sadomaso, a dos compañeiros de Bilbao/Bilbo :
Mércase AQUÍ por 18€.
Eu de momento levo sempre maillot, polo que e a bola nos petos de atrás non amola, máis xa é un condicionante a ter que levar o maillot. Realmente preocúpame máis onde levar a cervexa. Pero sen dúbida é unha boa axuda se non queres condicionar a levar a bola nunha mochila, ou levala de xeito molesto no peto do pantalón.
PS: o do escroto... non vaiades dicindo! :P ¿hai que dicilo?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)