lunes, 14 de noviembre de 2011

Homenaxe á arbitro

Disque unha particularidade do ánimo competitivo era que parte dos partidos os perdíamos infantilmente discutindo xogadas... Como a cousa de discutir con mazos está fea, pois adoptamos o pouco práctico de ter arbitraxe. E disque foi nesas que veu Isabel; apareceu Deus ou vai ti a saber o que foi, acaso o refregar, a arbitraxe, a civilidade que vai chegando, en fin... que agora todo rula como a seda.

Ben, pois aí Isabel (Isa) a árbitro asumida e aceptada, vestida para a ocasión de cor camuflaxe -coa pista e co blog- e con faciana ''a min non me enganas'' :



viernes, 4 de noviembre de 2011

Xa que nos citan... (reportaxe en Calle20)

Na revista de balde ''Calle20'' (moda, tendencias..) do 20Minutos, que pode ollarse en-liña, vén unha reportaxe do bikepolo nas paxinas 28-29-30-31 da revista (68 pax.). 






· E para que non cansedes, aquí a ligazón directa a esas 4 páxinas nun  PDF .  
· E aquí de seguido a imaxe das 4 paxs por separado (click para ampliar)






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...