Por mazo primario enténdase que non se revolucionará a tecnoloxía do polo; mais ten a vantaxe de que calquera pódeo facer:
· Pao de vasoira, do ''todo a cen'' -madeira- 0,75€
· Parafuxo na testa (ben preto e afundido, para que non enganche na pista)
· Cámara de bicicleta reciclada para o mango
...buratos de 20mm: xirando unha navalla. E decoración anti-astelas con cinta aillante
Vantaxes: moi resistente, e so pesa 50 grs máis que a opción de aluminio (non precisa do tornillo).
miércoles, 30 de marzo de 2011
¿Onde ides? -de volta do Open de Polo de Madrid-
Pois ata que os protas non dean a crónica da súa man, e acheguen o material gráfico propio... eu vou poñendo o que atopei desta finde.
Seica o sábado gañaron o primeiro partido, pero logo a emoción xugoulles dúas malas pasadas e perderon os dous seguintes... e así foi pois que ficaron para a rolda dos malos. Logo seica o pasaron superchupiguai xogando 4 horas toda a tarde e... destrozados físicamente. E tamén, seica entre o dito e a mudanza do horario, logo houbo quen non chegou á hora dos partidos o domingo ás 10:00 XD. Déixovos coas fotos que apañei, e a esperanza de que aparezan pronto ...oides avestruces!?.

sábado, 26 de marzo de 2011
Isto non se fai...
...e non sei se refiro ó feito ladroízo e delictuoso (coma moito furto) de tomar prestadas as lenticulares do sistema de bicis públicas do concello, ou tiralas ó lixo (...onde as iamos atopar se non? ) ...ou pendurar logo todo isto no blogue. Se cadra, a maior estupidez sexa de longo a do concello, permitindo á concesionaria pór publicidade na roda dianteira, cando xa ben os bicipoleiros somos sabedores do compricado que deriva controlar unha bicicleta con lenticular; mais cando sopran refachos polo paseo marítimo.
Ó fin, que todo fique nunha acción reivindicativa a prol da seguridade cidadán, e so residualmente e en segundo lugar coma un proveito para o bicipolo.
Ó fin, que todo fique nunha acción reivindicativa a prol da seguridade cidadán, e so residualmente e en segundo lugar coma un proveito para o bicipolo.
miércoles, 16 de marzo de 2011
Domingo Polero 20/3/2011

martes, 15 de marzo de 2011
Lista de correo para organizármonos.

sábado, 12 de marzo de 2011
''Ei... un momento; teño unha explicación para isto''
Non é certo que non houbera fotos interesantes da sesión de polo-moucho jeje hai unha; o que... non sabemos cal é o interese:
A foto ''insolente foto'' esta tirada co permiso do fotografiado, mais publicada coa condición de non recoñecelo. Ben... se vos fixades, a cicatriz do xeonllo (foi rotura de tibia e peroné) ¿a que non tendes ningunha así?. XD
Fotos mellor ca letras.
Non hai fotakas decentes do mércores de polo-moucho (rapaces nocturnas). Así pois, coma os nenos de Vai Polo Rejo captan a nosa atención toda -últimamente- e hasta que cheguen ó Open de Madrid, e atopémonos coa dura realidade... de momento vivimos coma unha segunda vida na pel dos campións, e este mércores cedémoslles a pista a eles; foron os únicos que non deron relevo, entrenando duro. O dito, perante a falla de imaxes recentes, aí o van unhas fotos inéditas de Calvete e Sebas o 6/02/2011 Rober sempre chega tarde, polas pipas, así pois claro, non sae as fotos ...non, en realidade Rober estaba tirando as fotos; estas fotos saíron da súa camara :
('clic' nas fotos para agrandar)
KDADA : domingo 13 - 16:30
O pasado mércores de polo-moucho quedárase para xogar o domingo; no horario 'habitual' (16:30) e por suposto na pista de Adormideras. So transcribo o acordado, porque ...eu non vou estar -o material si (anque comezan a faltar mazas)- e podo contar -agora que convócase polo blogue- que a xente soe ir chegando ó longo da tarde. Así que anovar costumes de horarios ou ficar na tradición... está nas vosas mans.
3 ...2 ...1 ...polo.
jueves, 10 de marzo de 2011
Mazos 'Perro del mal(let)'

Xa temos correo-e ...
A vista da chegada de tantos padawanes que botan as áncoras por Adormideras, sospeitamos que poideran haber moitos máis con falta de guía; así pois para os perdidos, poñémolo máis doado, e que para calquera dúbida non haxa máis que escribir un correo-e :
acorunhabikepolo@gmail.com
Lembramos tamén:
1.- Que xa estamos no mapa das ligas do mundo, e que podedes engadiros:
2.- Que temos apartado na Liga Ibérica de BikePolo
PS. esta é a primeira entrada asinando co meu nome (pero as 5 anteriores son de puño propio).
lunes, 7 de marzo de 2011
Polo nocturno: mércores 9/03 [22:00-00:00]
Aínda que non haxa fotos, isto podería ser unha re-edición do polo-moucho do 5/11/2010 (no '5º aniversario da masa crítica')... xogando ás 2:00AM no asfalto e á luz dos farois, que o pasamos estupendamente (unhas frontais terían sido un plus importante).
Os rapaces de Vai Polo Rejo queren aproveitar a luz da lúa e o entreno para procurarse superpoderes de cara ó Open de Madrid.
Fotacas do 27/02/2011
viernes, 4 de marzo de 2011
vaaaaaaaaaannn ós Madriles!
Sebas Sebas Sebas... é moito Sebas; recén que oiu do Open de polo de Madrid habería xa que trepanarlle o cranio para quitarlle a ideia de ir a Madrid; xa pensara ir a Barna o ano pasado, e esta non ía pasar.
E vaites que, é aquí unha foto casual do 6/02/2011 (o resto non chegamos a tempo do flash; polas pipas) que xa adiantaba cal sería a primeira equipa e/ou representación coruñenta nalgún torneo. Namais casualidade. Atención agora ó nome da equipa : Vai Polo Rejo
enxebre, enxebre ...
Sebas, Roberto, Calvete ...

Domingo 06/02/2011
Foi un gran día para o bicipolo coruñento, os resistentes -os que poñen sempre bo lomo para levar mazas e conos, mais para acabar xogando un 1vs1 ou 2vs2- por fin puideron xogar un esperadísimo partido de 3vs3. De súpeto, era coma soltar o cinto, coma o brilar dun día de praia, o futuro parecía brilante sementado de prometedora esperanza. Sentiuse un punto e aparte no Bikepolo.Ac.
Bo rollo, risas (iso nunca faltou), moitas emocións e claro, logo tamén algún pique e consecuentes accidentes cando se chama moito de máis polas hormonas... é o que pasa. Pero iso non quitou nada do bo que se prometen vindeiras citas.
Entre as anécdotas Roberto meteu a maza nos radios, cuxo pete coa forcanza fodeu dous radios. Abraham coa BMX, tento algo semellante ó que fai Calvete e pegou unha boa co cóbado no chan... lástima de chaqueta; e supoñamos que non era de Goretex de 300€ (anque o semellaba)
E ben. Coma resumo gráfico a seguinte foto, B/N composta, tomada prestada do blogue fixero Sorryforthebigote dos compañeiros Abraham e Juan.

Primeira bicipoleira na Coru !
Pasaba a bola por baixo da bici, xogaba polas dúas bandas e por diante e por tras, coma calquera de nós ...e dicía que non xogara nunca!. Pasouno xenial. Muller brava onde as haxa, non quitaba da boca o seu sexo -o bicipolo non está reñido coa educación sexual-.
E, tanto falar dela -chamábanlle Sofía- e a entrada do blogue adicada, é porque... ¡son os mellores comezos que temos visto nunca en ninguén! !!.
Así e por todo, bótámola de menos. Unha mágoa que veu de Salamanca, e que non sabemos cando voltará.
A sinalada data, foi o 06/02
(recuperando tempo perdido)

Suscribirse a:
Entradas (Atom)