).JPG)
Polbo e néboa no blogue, pero horizonte despexado ó bicipolo n'A Coru...!
Foron 3 horas de xogo intenso, cortadas porque todos tiñamos algo que facer na casa, e no intermedio un descanso coa compaña das 'estrelas' que achegou Dany.
Esta vez non houbo averías, anque si unha zoupada considerable; foi Sebas, o que ó xirar tocou co pedal no chan e deixou entomatado o xeonllo...
''que non decaia o ánimo; non pasou nada, estou ben''; e seguimos xogando!.
O que vai clarexando é que chega o momento de que habituais teñamos mazas propias e nos fagamos cargo do mantemento; xa que o desgaste e as perdas de mazos 'para novatos' está a deixarnos sen mazos.
Sabemos que os partidos son 3vs3 e que as mochilas están porque alguén esqueceu os conos, mais mira ti que fermosos os 7 en pita:
Sebas +
Antonio (1ª vez) +
Roberto +
Abraham +
Juan +
Dany rojo + DANddv77 ...e aínda faltan: Calvete + Xaq -montando unha bici poleira- + Monchiño -montando outra- + Carlos.
Calquera iluso pensaría en facer una liga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario