sábado, 1 de octubre de 2011
Bikepolo na V.Masa Crítica Galega (A Coruña, 2011). Convocatoria
A Vª Masa Crítica Galega celébrase en A Coruña mañá 1 de outubro! !! ...e o bikepolo está convidado coma estrela da diversión. Como non!
Alá que imos onde será o xantar, no anfiteatro do Parque de Santa Margarida, coas porterías feitas para a ocasión e cinta autocolante para marcar a pista, con un pasado previo de basoira (está chea de pedriñas). En principio a sesión de bikepolo no programa 'oficial da masa crítica' é o sábado 1 a despois do xantar, pero nós que non podemos autolimitarnos a un horario tan retrinxido imos ofrecérmonos a construir a cancha xa dende as 11:00 ...máis ou menos (coma horario fora de programa, tamén consideraremos o que apeteza durmir)
A ''pista'' do anfiteatro non é rápida, e ten unha lixeira pendente pero non afecta ó xogo. Probámola o venres e aínda é boa porque xoga a favor dos novatos que polo firme irregular non se controle ben a bola porque así non se sprinta. Mais pode dicirse que se xoga ben na pista!
E como teña suceso a exhibición da mañá/tarde... trala Masa Crítica Galega das 18:00 proporemos unha fuga extraoficial ata a nosa amada pista de Adormideras... para dar continuidade á festa tarde/noite e xogar en serio.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
http://poloandbike.blogspot.com/
ResponderEliminarwww.poloandbike.com
Echarle un vistazo...son muy chulas...las venden en la tienda del paseo maritimo en Matadero. Muy buen precio y muy buenas calidades!!
ResponderEliminarXa estaba eu a botar en falla comentarios no blogue, pero vaia... que non precisamente o spam espallado polas entradas do blogue ...a ver se imos ter que instaurar a censura previa ós comentarios. Por certo, xa adicara eu unha entrada ó tema:
ResponderEliminarhttp://acorunhabikepolo.blogspot.com/2011/09/polo-en-coruna.html