martes, 20 de septiembre de 2011

Final do WHBPC 2011

Non podía fallar o video do World Hardcourt BikePolo Championship 2011: 11 setembro 2011: Crazy Canucks (East Vancouver) Vs. Call Me Daddy (Paris/Grenoble/Toulouse).

Os canadenses de amarelo; os franceses de branco.

Pero deslucido -namais que sexa ó ter na retina o que foi o magnífico campionato europeo en Barna- ...en fin, que o video non está completo (problemas coa cámara a medio partido), e atención á incrible rapidez coa que se escacha a emoción da prórroga cando ían 4-4. Iso si ficará na historia ..jeje

Coma un martes 13 comer unha hostia

Off topic; pola cara, a casualidade e o bo rollo.

O 31 de agosto, 3 de nós dos habituais do bikepolo n'A Coru subimos a Manzaneda a ver o final de etapa da Vuelta (por certo, un deses en fixie [42x16] -eu-, e outro en SS [34x18?] -Sebas-). E arriba parei un pedazo coa xente que eran do blogue TorresDeAsfalto e que fan tamén a magnífica revista gratuita de ciclismo DesdeLaCuneta. Eu coñecía deles polas poucas fotos que se podían atopar na rede do Campionato de España de Bikepolo en Xixón ...e eles tamén coñecían deste coruñento blogue de bikepolo. Un brinde por vós!!.

1.

Aí o estaban, amosándonos con datos na man que Ancares era o porto máis duro de toda a Vuelta pero que a organización -vaia vostede a saber por qué- falseaba a realidade marcando o comezo do porto a media escalada.

miércoles, 7 de septiembre de 2011

...domingo 4/9/2011

Atribución: Isabel Fdez.

Faltan na foto Antonio e Alberto, que tamén foron logo.

...


Atribución: Isabel Fdez.

Polo&Bikes en A Coruña




Polo&Bike a marca nada en Asturias, xa ten distribuidor en A Coruña. Así que podemos pasar a ollar e conquerir algún dos seus dous modelos -pero en moitas cores- por 400 - 450 € - ámbolos dous veñen con buxeiro flip-flop con un piñón fixo e ó outro lado ceibe - na tenda do paseo marítimo Eco-Logica.

Máis info, fotos, etc. na web da marca: http://poloandbike.com

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...