Mostrando entradas con la etiqueta muller. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta muller. Mostrar todas las entradas

lunes, 14 de noviembre de 2011

Homenaxe á arbitro

Disque unha particularidade do ánimo competitivo era que parte dos partidos os perdíamos infantilmente discutindo xogadas... Como a cousa de discutir con mazos está fea, pois adoptamos o pouco práctico de ter arbitraxe. E disque foi nesas que veu Isabel; apareceu Deus ou vai ti a saber o que foi, acaso o refregar, a arbitraxe, a civilidade que vai chegando, en fin... que agora todo rula como a seda.

Ben, pois aí Isabel (Isa) a árbitro asumida e aceptada, vestida para a ocasión de cor camuflaxe -coa pista e co blog- e con faciana ''a min non me enganas'' :



lunes, 15 de agosto de 2011

Venres 12/8/2011

A xornada, convocada por Sebas, pasará á historia pola manobra distractiva de Carmiña, que pola mañá precisamente pedía que se lle borrara da lista de correo -xa que non ía xogar nunca a este deporte de tolos-. E pola tarde aparecía a ollar ...e a xogar.


Ó día seguinte ó desta foto, estaba a pensar por iniciativa propia en aproveitar un marco para facer unha bici para o bikepolo.
¿?? 

viernes, 4 de marzo de 2011

Primeira bicipoleira na Coru !

Pasaba a bola por baixo da bici, xogaba polas dúas bandas e por diante e por tras, coma calquera de nós ...e dicía que non xogara nunca!. Pasouno xenial. Muller brava onde as haxa, non quitaba da boca o seu sexo -o bicipolo non está reñido coa educación sexual-. E, tanto falar dela -chamábanlle Sofía- e a entrada do blogue adicada, é porque... ¡son os mellores comezos que temos visto nunca en ninguén! !!. Así e por todo, bótámola de menos. Unha mágoa que veu de Salamanca, e que non sabemos cando voltará. A sinalada data, foi o 06/02 (recuperando tempo perdido)
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...