Mostrando entradas con la etiqueta cartaz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cartaz. Mostrar todas las entradas

jueves, 27 de octubre de 2011

A Zaragoza! (26/27 11 2011 )


Alá o van os galegos! ...xa están; apuntados.

Escóitase por aquí ''téñolles gañas ós cataláns''  ui que bueno!, que disque menos mal que o torneo é de tranquis(!) ...a degüello! Que vaia, que coa fama que exporta A Coruña, igual vas de viaxe, e ó cabo atopas a pista baleira. Digo que se cadra van xogar á pista do lado e non avisan.




Boa oportunidade tamén para ir a pregar no Pilar, ou coñecer á cooperativa de bicimensaxería La Veloz ou La Ciudad de las Bicis.



OLLO Ó PIOLLO: un dos integrantes de costume de Vai Polo Rejo, Calvete, non ten 100% clarexado que poida ir; procúrase alguén con gañas de amosar o que vale que poidera sustituilo.
 

lunes, 18 de abril de 2011

Campionato de España 2011 - Xixón 21-22/maio

O campionato de España tamén é clasificatorio de 5 equipas para o europeo deste ano, en Barcelona.

O cartaz anuncia... unha competición que agardamos sexa máis tranquila que ese vermello do fondo de cartaz e esas feridas nos corpos... se cadra mensaxes subliminares, ou se cadra non (tampouco quererán mudarse as Canarias do sitio) ...pero cartaz semella achegar unha realidade de que o bikepolo vaise desprazando cara ás liñas da tradición de Corme ¡para bikepolieiro eu!
(diría un de Corme) . E se cadra hai quen lle goste.

Ben, sexa cal sexa a evolución do bikepolo, tamén pensamos que tanto vermello poidera ser vino. E en ese caso, os rapaces de Vai Polo Rejo están preparados para o que sexa a festa; porque o entreno xa é outra cousa, e vai seria(!) dita cousa ...de lecer.




Saído hoxe da forxa, o cartaz.
No campionato
aínda fican ceibes dúas prazas (22 de 24 equipas). As regras serán as mesmas que as do europeo pasado, e achegaranse pronto a cada equipa traducidas ó castelán.

A info. corre principalmente por aquí: http://leagueofbikepolo.com/espana-2011
...mais en formato 'foro' tamén por aquí: http://www.libp.tk (General > eventos/torneos > campeonato España)
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...