miércoles, 20 de abril de 2011

Nostalxia do Open Bikepolo de Madrid (II)

Nostalxia que puidera tornarse en motivación
Velaí o Rober...!




Set de fotos do sábado
Set de fotos do domingo (I)
Set de fotos do domingo (II)
(Fotos do blogue 'Torres de asfalto')

VIDEO O partido que din que foi a final adiantada:
A semifinal xógana os alemáns e gañadores finais 'Almost Tough Shit' (de camisola gris) e os barceloneses 'Los Manguis' que ían de branco :

Open Bike Polo Madrid 2011 from Chuparuedis on Vimeo.


Visto aquí

Ver tamén, relacionado:
a 'crónica' de Sebas
E 'Nostalxia do Open de Bikepolo de Madrid (I)'
¿Onde ides? -de volta do Open de Polo de Madrid-

martes, 19 de abril de 2011

Por certo, hoxe 19 de abril é o 'día internacional da bicicleta' ...que se saiba.

A data está ligada á experiencia de descobremento do LSD, por Albert Hofmann... anque o importante penso eu, é que aproveitando este día en moitas cidades prográmanse paseos, promocións da bici, pero n'A Coruña NON. O Área de Sostenibilidade e Movilidade Urbana non fai tal consideración pola bici. Ea, cómete iso.

Aparca a mala hostia, e monta o bo rollo

...ou algo así sería a traducción. Serva coma vacuna amorosa ó anterior post :

Unchained Polo from Mr.Do on Vimeo.



(a maioría das imaxes son ''yanquis'', mais tamén australianas 2:50, ...)

lunes, 18 de abril de 2011

Campionato de España 2011 - Xixón 21-22/maio

O campionato de España tamén é clasificatorio de 5 equipas para o europeo deste ano, en Barcelona.

O cartaz anuncia... unha competición que agardamos sexa máis tranquila que ese vermello do fondo de cartaz e esas feridas nos corpos... se cadra mensaxes subliminares, ou se cadra non (tampouco quererán mudarse as Canarias do sitio) ...pero cartaz semella achegar unha realidade de que o bikepolo vaise desprazando cara ás liñas da tradición de Corme ¡para bikepolieiro eu!
(diría un de Corme) . E se cadra hai quen lle goste.

Ben, sexa cal sexa a evolución do bikepolo, tamén pensamos que tanto vermello poidera ser vino. E en ese caso, os rapaces de Vai Polo Rejo están preparados para o que sexa a festa; porque o entreno xa é outra cousa, e vai seria(!) dita cousa ...de lecer.




Saído hoxe da forxa, o cartaz.
No campionato
aínda fican ceibes dúas prazas (22 de 24 equipas). As regras serán as mesmas que as do europeo pasado, e achegaranse pronto a cada equipa traducidas ó castelán.

A info. corre principalmente por aquí: http://leagueofbikepolo.com/espana-2011
...mais en formato 'foro' tamén por aquí: http://www.libp.tk (General > eventos/torneos > campeonato España)

sábado, 16 de abril de 2011

BIKE in progress... a bici do Dan

Ou sexa, a miña bici. Aínda coa rebarbadora e a soldadora recén pousadas; buscando afinar as prestacións da bici. O traballo feito foi: acurtamento de eixos (uns 8 cm), e tixa coa sela atrasada. Outros extras: guiador máis alto, paso a unha velocidade (39x18)

jueves, 7 de abril de 2011

KDD para xogar, venres 8 ás 20:00

A lista de correo vai tendo bo uso, e así esta podería ser a derradeira entrada no blogue para avisar ( [engadídevos] ). O subliñado: vémonos o venres 8 ás 20:00, avisade a toronto.. entero . Coma sempre, na pista de Adormideras.

Curiosidades... cacho mazo!

Fixádevos no tipo da dereita... ten que ser difícil golpea-la bola con esa vara preto da bici ...amais semella que por Italia gastan tubería de 40mm.


...pero algunha vantaxe seguro que a ten!.
A foto tomada de aquí (rapaces de TorinoBikepolo).

domingo, 3 de abril de 2011

I OPEN EL POLO Y EL MADROÑO

Despois dun ano metidos nisto do polo por fin fomos o noso primeiro campionato. A cita, en Madrid como xa sabedes, esa cidade ateigada de coches e xente pero cada vez mais, tamén de bicis.
Partimos cara alí o venres a noite con algún ca outro inconveniente, como non. Que se o Rober tiña que quitala roña de traballar todo o día por ahí, que se a min se me esquecen os lentes de xogo antideslizantes... Fixemos unha parada de descanso en Salamanca onde acolleunos a irmá de Calvete, Sofía, e puidemos durmir unhas 4 horas antes de partires de novo cara Madrid xa con Sofía incorporada á expedición (grazas pola cobertura Sofía!!) O sábado o mediodía xa estabamos na cancha, que estaba ateigada de cativos cos patíns e país intentado emular os cativos torpemente. Os partidos comezaron sobre as dúas e media. Algunha xente puido probar a pista e mais quentar cunhas partidiñas previas e xusto cando eu ía botala miña partida correspondente, comeza todo. No noso grupo estaba un equipo de Gijón o outro era de Madrid e logo estaban as bestas pardas dos alemáns "Almost though shit" que á postre proclamaríanse gañadores do torneo. O primeiro partido foi contra a xente de Gijón, un partido que gañamos por 5 a 3 mais por ganas e bravura ca por xogo. Comezaron anotando eles os dous primeiros goles tras dous erros defensivos importantes. Logo puxémonolas pilas, centrámonos e logramos remontalo partido co que quedamos satisfeitos. Logo tocounos contra o equipo de Madrid, perfectamente asequible pero os nervios, a falta de visión de xogo e os erros na defensa botaron o partido a perder, 5-0. Xa so quedaban os alemáns, o equipo mais difícil do grupo, e tiñamos que dalo tipo como fose, pero esa xente sabe como xogar. Bloquean, son moi rápidos gañando a posición e aínda por riba non erran un chute... non nos deron opción, en apenas 5 minutos tiñan o partido gañado 5-0 . Non sabiamos nin por onde abordalos. Deste xeito xa estabamos na rolda dos equipos perdedores que se xogaría a primeira hora do domingo. Pero aínda tiñamos toda a tarde por diante e como había dúas pistas e so se xogaba nunha estivemos a xogar toda a tarde en modo "shuffle" que lle chaman, atentos o tema. Colócanse os paos dos xogadores que queiran xogar a carón da pista antes de que acabe o partido precedente. O rematar este cóllense eses seis paos, mestúranse e repártense ó chou tres para un lado e tres para outro e así sempre xogas con xente distinta. E así estivemos dende as 4 ata case as 10 da noite. Aprendemos nesas horas o que non aprendemos en todo un ano. O día seguinte, tras apenas 6 horas de sono entre madrugar e o cambio de hora, erguémonos como puidemos, que as 6 horas de xogo da tarde pasada pasan factura. O primeiro, fartarse cun copioso almorzo e logo á pista. As 10 da maña xa estabamos alí dispostos a lavala nosa imaxe na rolda dos perdedores. O tema e que non todos estaban alí, entre a festa o cambio de hora e o de madrugar, moitos equipos aínda non chegaran polo que a rolda dos perdedores suspendeuse, aínda que ben é certo que se podería haber xogado. Mentres que a rolda dos gañadores non comezaba os alí presentes non tardamos nada en organizar un "shuffle" e poñernos a xogar, que habería frío e cansancio pero mais ganas había de xogar. As 12 ou así comezou a rolda dos gañadores. Non me preguntedes resultados nin crónicas pero en liñas xerais podo comentar: As rapazas do equipo Berlines que tan bo xogo fixeron o sábado recibiron unha malleira do equipo barcelones "polospelos". Os rapaces alacantinos fixeron un moi bo papel para o pouco tempo que levan xogando. O equipo francés non chegou tan lonxe coma se esperaba e a pesares de realizar un bo xogo e ter a un dos xogadores mais efectivos e precisos caeu en cuartos. O equipo portugués deu moito traballo e mostrou un xogo ben elaborado. O equipo de Gijón clasificado recibiu unha malleira das rapazas de Berlín. Os dous equipos barceloneses demostraron o nivel de xogo que alí teñen. Os alemáns... imparables. A final foi entre os barceloneses "polospelos" e os alemáns "Almost though shit" a dobre partido. Un partido rifado, duro onde os alemáns gañaron o primeiro partido. O segundo foi moito mais disputado e chegaron a gañar os alemáns por 3 a 1. Logo a vantaxe acortaríase ata un 3-3, logo 3-4 para os alemáns, novamente 4-4 e cando xa parecía que os barceloneses os tiñan contra as cordas, un erro defensivo fixo que os alemáns marcasen a porta valeira e gañasen o campionato. E así foi unha fin de semana de polo, que aínda soupo a pouco. Agora so queda esperar e adestrar para a próxima cita en Gijón co I campionato de España de Bikepolo. XA TIÑAMOS QUE ESTAR ADESTRANDO!!! P.D. En breve fotos e mais vídeos da rolda dos gañadores.

viernes, 1 de abril de 2011

Qué ben que o montan... ¡toma promoción!

Vale que isto non tería lugar sen apoio oficial: dúas xornadas de deportes de rúa en Torino (set. 2010). Mais... anque sexa vello (¡qué rápido caducan as cousas na internet!) non deixa de ser de interese e para tomar nota rescatalo ...en Adormideras disque non hai tránsito pero, que nós tamén poidamos xuntar público emociona, non si?, ¿gañariamos a vida pasando a gorra?

Torino Bike Polo | 02 | Torino Street Style 2010 from repartopista on Vimeo.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...