martes, 28 de junio de 2011

Resumo do EHBC -European Hardcourt Bikepolo Championship)

Campionato animado, ollada rápida á escea ó paso de bici...

Enric on Vimeo.

O campionato presentábase con 64 equipas repartidas en 8 grupos que xogarían roldas suízas o venres e o sábado, mañá e tarde; pasando á final do domingo os 4 primeiros de cada grupo. Os coruñentos Bai Polo Rejo levaban o seu vergo o sábado á tarde:

Tralas roldas tan so ficaron no campionato dúas das equipas españolas El Club e Los Pelos , quedando xa eliminadas Chocolate Sexy, Bai Polo Rejo e Los Manguis (sorpresa) que da idea do nivel do campionato ...disque ninguén, nin eu tampouco, cruzaría Europa para vir xogas ás bolas. Na foto que sigue: El Club, que perderon na 4ª rolda do domingo con L´Equipe  3/4, e logo con Hooks 4/5, co que quedaron tamén eliminados :

...sen casco facial; disque a un inglés tiveron que retiralo do campionato con un profundo corte na cara, polo mazazo que lle deron.


No que refire ó sangue celta , Deus me perdoe, dígase galaicos, isto foi:


Ficaron no noble sexto posto da súa rolda, e colaron aínda algún gol a algunha das equipas punteiras. E aquí máis detalle de cada partido:


Moi ben, tendo en conta que 3 postos por riba no 3º posto estaban Los Pelos. Non se consola quen non quere, pero por baixar un pouco á realidade: un pouco máis suertudo que caralludo, os 7-8-9 puntos que ordearon os 3 últimos clasificados do grupo.

Ben compañeiros! boa participación!!. ¡Agardamos por vós para que nos contedes todo de primeira man! ¡SNIF..!!. ¡¡Quen sabe cando voltará a repetirse!!


E para finalizar á miña crónica dende a distancia, ligo á táboa de resultados do domingo, co seu curioso sistema de repescas, no que se permite perder unha eliminatoria. De feito, a final entre L´Equipe e Polosynthese gañáronna os suizos na revancha; xa que estes non habían perdido aínda ningun partido, e houbo repetición.

+Fotos del evento: FlickR Enciclika

sábado, 18 de junio de 2011

DOMINGO 19 adestramentos oficiais campionato de europa ¡¡¡¡

BOAS domigo 19 ADESTRAMENTOS OFICIAIS CAMPIONATO DE EUROPA ... baikpolorego fai un chamamento a toda a comunidade polera da coruña e arredores para botar unha boa tarde de de polo na pista que se atopa detras do estadio de riazor ... pista de hockey alugada para a ocasion de catro a seis da tarde POLOPOLOPOLO¡¡¡¡¡¡ as tres e media xa temola pista aberta rogase puntutalidade e que asistades o maior numero de xogadore para poder facer grandes cantidades de suflesss un saudo

viernes, 17 de junio de 2011

Boas intencións...

· Os rapaces de Bai Polo Rejo adestran duro para o Campionato de Europa: o mércores (non hai fotos da xornada nocturna), o xoves extraoficialmente, o venres -hoxe quedamos ás 20:30- , e domingo (alugada a pista de hockey do Liceo).
O 'duro' que llo expliquen a Monchiño, e o mazazo na queixada que lle deu Robert o mércores ...mira que ¡xusto a quen facía falla! (!) .

· Un alma cándida pide por nós (Sion? no Facebook):



· Fun xogar hoxe ás 21:00... e adestrando so, fixen votos de zurdo.

· Un rapaz baixou o polo que caera á súa terraza; mellor iso que tiralo ó lixo ...ou dende a fiestra, coma suxería a súa nai ...aí o tedes ó polo xogando ó polo:


Se queredes coñecer nudo e desenlace da historia... comentade! ; é unha extorsión... pero non esquezades que hoxe a cousa vai de boas intencións ...todo sexa por dotar de contido, e ambientillo o blogue.
...en realidade é que non quero ser cruel, pero case que o esquezo:
...
...Robert: T-O-M-A a tila!. ;- )
...que veña hoxe Monchiño con armadura se é o caso, pero que veña.

lunes, 13 de junio de 2011

Fotacas do domingo 12/6/2011 ( I I I )









Fotacas do domingo 12/6/2011 ( I I )









Fotacas do domingo 12/6/2011 ( I )







Oficiña de obxectos perdidos...

Se é de alguén esta ropaxe 50% algodón, 50% poliester e con comezo de buratos nas axilas, que diga ''é meu'' e que dé algún detalle por exemplo de onde o esqueceu, embaixo nos comentarios. E se non, é da miña tallaxe ...que non haxa outra perda.




Estadísticas do blogue

A última semana vimos acumulando 100 visitas diarias, por riba das 15/35 habituais (hoxe marca baixada porque estou escribindo ó comezo da xornada, ás 7:00 AM):




E o caso é este: o tráfico extra chega todo dende a ligazón que ofrece o blogue  Reciclone : http://reciclone.blogspot.com






lunes, 6 de junio de 2011

Macchina 'nova'

SS [single speed]


Así estaba a bici do Dan fai pouco:










PS. disque o Robert tamén estrea macchina nova; fixa. A ver vemos cedo unhas fotos.

domingo, 5 de junio de 2011

Tíos...qué pasa ??

A semana pasada convoquei eu por ordes de Robert. Parece que non foi ninguén. Non pasou nada ...precisamente porque non foi ninguén (e choveu á hora do partido).

Esta semana iba precedida o día da masa crítica de... ''a ver se xogamos'' ''que gañas... hai que entrenar''. Ben, pois hoxe estaba eu so na pista, e había névoa húmida pero non chovía (e a pista estivo seca ata as 19:00).

Coma estiven eu so [18:00-18:30], anque mira que tiña que facer outras cousas, aproveitei para tirar unhas fotos. Apréciese a mirada ''tíos.. qué pasa?'' ¿A pártir de agora comezamos a confirmar se imos e as posibilidades de asistencia (eu vou so se non hai néboa, ou se nos apuntamos máis de 3, ou se...?
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...