martes, 28 de junio de 2011

Resumo do EHBC -European Hardcourt Bikepolo Championship)

Campionato animado, ollada rápida á escea ó paso de bici...

Enric on Vimeo.

O campionato presentábase con 64 equipas repartidas en 8 grupos que xogarían roldas suízas o venres e o sábado, mañá e tarde; pasando á final do domingo os 4 primeiros de cada grupo. Os coruñentos Bai Polo Rejo levaban o seu vergo o sábado á tarde:

Tralas roldas tan so ficaron no campionato dúas das equipas españolas El Club e Los Pelos , quedando xa eliminadas Chocolate Sexy, Bai Polo Rejo e Los Manguis (sorpresa) que da idea do nivel do campionato ...disque ninguén, nin eu tampouco, cruzaría Europa para vir xogas ás bolas. Na foto que sigue: El Club, que perderon na 4ª rolda do domingo con L´Equipe  3/4, e logo con Hooks 4/5, co que quedaron tamén eliminados :

...sen casco facial; disque a un inglés tiveron que retiralo do campionato con un profundo corte na cara, polo mazazo que lle deron.


No que refire ó sangue celta , Deus me perdoe, dígase galaicos, isto foi:


Ficaron no noble sexto posto da súa rolda, e colaron aínda algún gol a algunha das equipas punteiras. E aquí máis detalle de cada partido:


Moi ben, tendo en conta que 3 postos por riba no 3º posto estaban Los Pelos. Non se consola quen non quere, pero por baixar un pouco á realidade: un pouco máis suertudo que caralludo, os 7-8-9 puntos que ordearon os 3 últimos clasificados do grupo.

Ben compañeiros! boa participación!!. ¡Agardamos por vós para que nos contedes todo de primeira man! ¡SNIF..!!. ¡¡Quen sabe cando voltará a repetirse!!


E para finalizar á miña crónica dende a distancia, ligo á táboa de resultados do domingo, co seu curioso sistema de repescas, no que se permite perder unha eliminatoria. De feito, a final entre L´Equipe e Polosynthese gañáronna os suizos na revancha; xa que estes non habían perdido aínda ningun partido, e houbo repetición.

+Fotos del evento: FlickR Enciclika

3 comentarios:

  1. que carallo significa "vergo"...."verga" sei ben o que significa....
    mellor galego da rúa!

    ResponderEliminar
  2. Semella que leva algo de regañina; agora que estaba estudando reintegracionista, posme ti en dúbidas. A expresión ''ir co vergo levantado'' é tan da rúa -de aldea de Lugo- que está deformada polo uso, ou polo pudor. Si dAnY, significa iso que ti esabas a pensar: ''estado de guerra''.

    ResponderEliminar
  3. http://poloandbike.blogspot.com/

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...