Mostrando entradas con la etiqueta bola. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta bola. Mostrar todas las entradas

miércoles, 3 de agosto de 2011

Pelotas

Lemos no blogue de Bikepolo Xixón que as bolas que lles recomendaban a profesional xente de Barna (Enciclika) veñen de Canadá e que custan 25$ a parella, ó que hai que engadir 25$ de envío... ¿total?? ...¿? foder!. 

Como nos fan falla bastantes bolas xa (que os compis foron ó EHBPC pero non trouxeron ningunha) ...lío a manta á testa e miro a ver se descobro algo. Merquei estas: 

Mercian Min Hockey Balls (no Ebay foron 9.99+8 libras (ou sea... 11,45+9,17=> 20,62€) uns 3 euros e medio por bola envío incluido. Son pelotas do tamaño oficial de hockey pero máis lixeiras [disque 3.5oz (99grs)]  que as normais [5.5-6oz. (165 grs)] que din para entrenar os nenos. 

O que agora na casa as peso e resultan ser 119grs ...que aínda é excesivo. Pois nada, disque uns taladriños (90) e xa van no peso :






Cheiran moi ben o cal me descobre que o material é o mesmo que o dos flotadores de piscina. E polo demais botan e se comportan como se comportaban coas que temos xogado sempre: pero estas non se aplastan, polo que agardamos que non se  autodestruen cando se pisan seis veces.


Paso ó castelán para animar ós comentarios:


¿Alguien podría comentar cuanto pesan las bolas oficiales -o sea, las usuales de los campeonatos- ?

martes, 2 de agosto de 2011

Invento para levar a bola

Elegante solución  escrotal, ou disque un tanto sadomaso, a dos compañeiros de Bilbao/Bilbo :





Mércase AQUÍ  por 18€.
Eu de momento levo sempre maillot, polo que e a bola nos petos de atrás non amola, máis xa é un condicionante a ter que levar o maillot. Realmente preocúpame máis onde levar a cervexa. Pero sen dúbida é unha boa axuda se non queres condicionar a levar a bola nunha mochila, ou levala de xeito molesto no peto do pantalón.


PS: o do escroto... non vaiades dicindo! :P ¿hai que dicilo?
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...