Mostrando entradas con la etiqueta blog. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta blog. Mostrar todas las entradas

lunes, 18 de julio de 2011

Mirada cara ó embigo.


· Google Adsense discrimina ó galego. Isto á parte da baixada de visitas que carrexa un blogue que non sexa en english ou castelán.  Pois nada ...que NON, sen anuncios. Aquí, resistindo. (E o caso é que o traductor automático de Google identifica ás páxinas en galego como escritas en portugués :? )



· E recén agora... 4.000 visitas (unha media, últimamente, de 25 diarias).

· E sabede tamén que navegar moito pola internet ten consecuencias nas emisións de CO2: data-centers, consumo eléctrico do computador... a sociedade de información é responsable dunha cantidade de emisións case que semellantes (2%) ás do transporte aereo mundial (3%).


Así que, rapaces, contra a propia vanidade, deixade o blog e a internet: ala para á rúa...  ide xogar ó polo!.

lunes, 11 de julio de 2011

Autoxestión. Engadir membr@s ó grupo de correo-e

Titorial da comisión das dúbidas recurrentes. Léase con coidado:

1. Ir ó grupo de correo de Google:
http://groups.google.com/group/acorunhabikepolo

...tamén configurado para ir premendo a dirección de correo-e do grupo:

2. ...premer en ''invitar a miembros''

3. Poñer a dirección de correo-e, e non esquecerse dunha mensaxe de benvida...

Rematar ''añadir miembros''


Xa está!

lunes, 13 de junio de 2011

Estadísticas do blogue

A última semana vimos acumulando 100 visitas diarias, por riba das 15/35 habituais (hoxe marca baixada porque estou escribindo ó comezo da xornada, ás 7:00 AM):




E o caso é este: o tráfico extra chega todo dende a ligazón que ofrece o blogue  Reciclone : http://reciclone.blogspot.com






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...