Mostrando entradas con la etiqueta foto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta foto. Mostrar todas las entradas

lunes, 17 de octubre de 2011

A fixa de Abraham Viqueira

Con esta fixa Abraham xogaba ó polo... cando tiña un prato de 39 dentes; afrouxaba o guía e dáballe a volta ós cornos para arriba ...a xogar !


 


Recentemente remozada con guiador novo clásico tipo criterium e unha sela Brooks. O cadro da bici foi recuperado literalmente do lixo no taller ReCiclos. Unha estética sobria pero con un estilazo, o sabor do make it yourself (faino ti mesm@) e a profundidade no tempo.

Imos que, eu xuraría que esta bici non volve ó polo ...jejej.


PD. Abraham pode que queira escabecharme (a un arquitecto non se lle modifican as fotos; porque probablemente xa as fixera con toda a intención). Abraham ¿queres ser editor?



domingo, 2 de octubre de 2011

Bikepolo na V.Masa.Crítica.Galega (A Coruña, 2011). Post 1/3

Éxito da convocatoria. Estabamos de estrea das porterías novas -pronto máis detalles das mesmas- feitas de balde polo Sebas; e as irregularidades propias da pista xunto a onde se celebraba o resto de actividades funcionaron perfectamente para moderar o xogo e igualar niveis dos expertos e novos. Iso si, houbo que pasar a vasoira (recoller a man) para eliminar as pedriñas que comprometían a seguridade. O xa dito e un pouquiño de cinta autocolante para marcar a liña do medio do campo foi todo o necesario (aparte dos mazos e da pelotiña, claro).


Atribución: Abraham Viqueira



jueves, 7 de abril de 2011

Curiosidades... cacho mazo!

Fixádevos no tipo da dereita... ten que ser difícil golpea-la bola con esa vara preto da bici ...amais semella que por Italia gastan tubería de 40mm.


...pero algunha vantaxe seguro que a ten!.
A foto tomada de aquí (rapaces de TorinoBikepolo).
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...