domingo, 2 de octubre de 2011

Bikepolo na V.Masa.Crítica.Galega (A Coruña, 2011). Post 1/3

Éxito da convocatoria. Estabamos de estrea das porterías novas -pronto máis detalles das mesmas- feitas de balde polo Sebas; e as irregularidades propias da pista xunto a onde se celebraba o resto de actividades funcionaron perfectamente para moderar o xogo e igualar niveis dos expertos e novos. Iso si, houbo que pasar a vasoira (recoller a man) para eliminar as pedriñas que comprometían a seguridade. O xa dito e un pouquiño de cinta autocolante para marcar a liña do medio do campo foi todo o necesario (aparte dos mazos e da pelotiña, claro).


Atribución: Abraham Viqueira



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...