domingo, 2 de octubre de 2011

Bikepolo na V.Masa.Crítica.Galega (A Coruña, 2011). Post 2/3

A Vª Masa Crítica Galega xuntou logo unhas 200 persoas (contadas por min) moi activistas e berronas, que fomos quen de tomar p.ex. os 3 carrís do paseo marítimo, os de Juan Flórez ou os da Ronda de Outeiro. Unha masa crítica moi potente, SI! ...e coa complicidade de todo o mundo: algo moi evidente nos sorrisos dos peóns, e penso tamén que coa parte dos automobilistas (non se oíron pitos) e incluso no respecto da poli local que :P sen chamalos, non nos causaron conflictos e pechaban o paso nos cruces ós coches... e ata apagaban o motor das motos cando parabamos.

E así o recolleron dende medios xerais comaaaa p.ex. LaVoz.



Na foto, enriba:
· Unha instantánea de como pintaba o anfiteatro do Parque de Sta. Margarida no cerne da actividade bikepoleira -namentres que noutras partes do parque comíase, bailábase ou ''escoitábase'' entre gaitas un cursiño de mecánica-

· Xentes de Vigo, Santiago, Pontevedra... probando a maioría deles por primeira vez o bikepolo; lanzándose algúns á pista con bicis prestadas polos habituais. 


Agardamos ter sementado bo rollo, sinerxias ciclísticas, e que xordan novos focos bikepoleiros en Galicia. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...