lunes, 18 de abril de 2011

Campionato de España 2011 - Xixón 21-22/maio

O campionato de España tamén é clasificatorio de 5 equipas para o europeo deste ano, en Barcelona.

O cartaz anuncia... unha competición que agardamos sexa máis tranquila que ese vermello do fondo de cartaz e esas feridas nos corpos... se cadra mensaxes subliminares, ou se cadra non (tampouco quererán mudarse as Canarias do sitio) ...pero cartaz semella achegar unha realidade de que o bikepolo vaise desprazando cara ás liñas da tradición de Corme ¡para bikepolieiro eu!
(diría un de Corme) . E se cadra hai quen lle goste.

Ben, sexa cal sexa a evolución do bikepolo, tamén pensamos que tanto vermello poidera ser vino. E en ese caso, os rapaces de Vai Polo Rejo están preparados para o que sexa a festa; porque o entreno xa é outra cousa, e vai seria(!) dita cousa ...de lecer.




Saído hoxe da forxa, o cartaz.
No campionato
aínda fican ceibes dúas prazas (22 de 24 equipas). As regras serán as mesmas que as do europeo pasado, e achegaranse pronto a cada equipa traducidas ó castelán.

A info. corre principalmente por aquí: http://leagueofbikepolo.com/espana-2011
...mais en formato 'foro' tamén por aquí: http://www.libp.tk (General > eventos/torneos > campeonato España)

1 comentario:

  1. Esta entrada redacteina eu; xa sinto que a a miña vergonza (falla dela) tinga á sinatura de Almacabra. Pero logueeime para convidar a Dany e Roberto coma editores do blogue, e logo esquecinme... :P ¡Benvidos editores!. ¡Podedes saudar!

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...