lunes, 14 de noviembre de 2011

Homenaxe á arbitro

Disque unha particularidade do ánimo competitivo era que parte dos partidos os perdíamos infantilmente discutindo xogadas... Como a cousa de discutir con mazos está fea, pois adoptamos o pouco práctico de ter arbitraxe. E disque foi nesas que veu Isabel; apareceu Deus ou vai ti a saber o que foi, acaso o refregar, a arbitraxe, a civilidade que vai chegando, en fin... que agora todo rula como a seda.

Ben, pois aí Isabel (Isa) a árbitro asumida e aceptada, vestida para a ocasión de cor camuflaxe -coa pista e co blog- e con faciana ''a min non me enganas'' :



viernes, 4 de noviembre de 2011

Xa que nos citan... (reportaxe en Calle20)

Na revista de balde ''Calle20'' (moda, tendencias..) do 20Minutos, que pode ollarse en-liña, vén unha reportaxe do bikepolo nas paxinas 28-29-30-31 da revista (68 pax.). 






· E para que non cansedes, aquí a ligazón directa a esas 4 páxinas nun  PDF .  
· E aquí de seguido a imaxe das 4 paxs por separado (click para ampliar): 






domingo, 30 de octubre de 2011

KDD domingo 30, 16:30

...a ollar que non perdemos os bos costumes!: 

Domingo 30, as 16:30... para celebrar a mudanza horaria e onde sempre: en Adormideras. Sebas trouxo pelotiñas de Inglaterra, desas que písanse mais non se rompen, ben!.


Por certo, a ligazón ó fachabok  (queda engadida xa á marxe) :





jueves, 27 de octubre de 2011

A Zaragoza! (26/27 11 2011 )


Alá o van os galegos! ...xa están; apuntados.

Escóitase por aquí ''téñolles gañas ós cataláns''  ui que bueno!, que disque menos mal que o torneo é de tranquis(!) ...a degüello! Que vaia, que coa fama que exporta A Coruña, igual vas de viaxe, e ó cabo atopas a pista baleira. Digo que se cadra van xogar á pista do lado e non avisan.




Boa oportunidade tamén para ir a pregar no Pilar, ou coñecer á cooperativa de bicimensaxería La Veloz ou La Ciudad de las Bicis.



OLLO Ó PIOLLO: un dos integrantes de costume de Vai Polo Rejo, Calvete, non ten 100% clarexado que poida ir; procúrase alguén con gañas de amosar o que vale que poidera sustituilo.
 

martes, 18 de octubre de 2011

Chicas poleras en London

¿Tomarían contacto con el embajador Sebas?


_
EDITADO (si que houbo contactos) séguense as probas:
( máis fotos aquí )




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...