Por mazo primario enténdase que non se revolucionará a tecnoloxía do polo; mais ten a vantaxe de que calquera pódeo facer:
· Pao de vasoira, do ''todo a cen'' -madeira- 0,75€
· Parafuxo na testa (ben preto e afundido, para que non enganche na pista)
· Cámara de bicicleta reciclada para o mango
...buratos de 20mm: xirando unha navalla. E decoración anti-astelas con cinta aillante
Vantaxes: moi resistente, e so pesa 50 grs máis que a opción de aluminio (non precisa do tornillo).
miércoles, 30 de marzo de 2011
¿Onde ides? -de volta do Open de Polo de Madrid-
Pois ata que os protas non dean a crónica da súa man, e acheguen o material gráfico propio... eu vou poñendo o que atopei desta finde.
Seica o sábado gañaron o primeiro partido, pero logo a emoción xugoulles dúas malas pasadas e perderon os dous seguintes... e así foi pois que ficaron para a rolda dos malos. Logo seica o pasaron superchupiguai xogando 4 horas toda a tarde e... destrozados físicamente. E tamén, seica entre o dito e a mudanza do horario, logo houbo quen non chegou á hora dos partidos o domingo ás 10:00 XD. Déixovos coas fotos que apañei, e a esperanza de que aparezan pronto ...oides avestruces!?.

sábado, 26 de marzo de 2011
Isto non se fai...
...e non sei se refiro ó feito ladroízo e delictuoso (coma moito furto) de tomar prestadas as lenticulares do sistema de bicis públicas do concello, ou tiralas ó lixo (...onde as iamos atopar se non? ) ...ou pendurar logo todo isto no blogue. Se cadra, a maior estupidez sexa de longo a do concello, permitindo á concesionaria pór publicidade na roda dianteira, cando xa ben os bicipoleiros somos sabedores do compricado que deriva controlar unha bicicleta con lenticular; mais cando sopran refachos polo paseo marítimo.
Ó fin, que todo fique nunha acción reivindicativa a prol da seguridade cidadán, e so residualmente e en segundo lugar coma un proveito para o bicipolo.
Ó fin, que todo fique nunha acción reivindicativa a prol da seguridade cidadán, e so residualmente e en segundo lugar coma un proveito para o bicipolo.
miércoles, 16 de marzo de 2011
Domingo Polero 20/3/2011
Parece que o tempo desta vez si vai acompañar así que este domingo haberá ocasion de batirse de novo na pista. Ademais, haberá que adestrar un pouco, que a este paso mal o imos pasar en Madrid....
Por outra banda hai xente con ganas de ter pao de seu, así que ide pensando en quedar un día destes para facelos.
E por certo, merquei unha boa bola. Esta si que é a proba de bazocazos pero tamén pesa un quintal.
Acéptanse doazóns.
martes, 15 de marzo de 2011
Lista de correo para organizármonos.
Para vencer eses problemas comunicativos, non incrementar os dividendos das telefónicas, e tamén simplemente por romanticismo democrático snif snif.. poder actuar todos á iniciativa de todos e de calquera, mudar plans á última hora, ou... concertar cousas kamikaces, saír a queimar coches e tal... pero sobre todo para organizar partidos de polo, con poleiros suficientes pero -xa hai que dicilo- non excesivos... o que sexa, temos chamado por... ... ... mr.Google_Groups :
acorunhabikepolo@googlegroups.com
Promete solucionar a meirande parte dos nosos problemas; pero aínda fica algo da nosa man.
Comentade tamén calquera suxestión.
Así de entrada vai o máis aberto posible.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


