lunes, 25 de julio de 2011

Nostalxia do EHBPC

European Hardcourt BikePolo Championship, 2011. BARCELONA.
...acción!


.
.
.
lembro estoutro estupendo video, máis tranqui, do EHBPC; o cal xa publicamos [Video 11']


A bici de Sión.

Aproveitamos o relax da ponte (a xente marcha da cidade) para comentar outra fixa d'A Coru: a LeafCycle Gipsy de Sión (creador de Bikes&Books ).


A bici non ten maior mérito creativo que o de escollela de catálogo. Mais o árido das cores e do que fago de presentación, tórnase vivo cando baixamos a mirar os detalles da guía-potencia monopeza, bielas e sela de BMX, gravado da marca no guía, etc.




A Gipsy é unha bici para trucos e que vén con buxe flip-flop, con moi pouca batalla -distancia entre eixos- asegurando toe-lap a pouco que se centre o pé no pedal; e á que so un demente non poría freo/straps/calapés ou automáticos ...mais como debe haber diversidade, celebramos atopar o caso.

Nova, cotiza os 799€ ...e disque hai moi poucas Gipsy rodando pr España.


martes, 19 de julio de 2011

A bici de Gabo...

Mínima dende as cores (branco, negro, metal e coiro) e austera nas pezas; e tan austera! ...que a maioría das pezas semellan vellas orixinais (potencia, tixa, ponte de freo) e o marco, un antigo de racores; unha fixa reciclada de libro. A pretendida elegancia á primeira vista, logo remárcana as voluptuosas curvas do desnudo guía de criterium.





Gabo achegouse ó polo, pero xa nos dixo que ata que fixera a bici específica non o veriamos xogando na pista.

lunes, 18 de julio de 2011

Fotakas, domingo 17 xullo

¿ Quen deixará de probar o polo? ...Isabel so pasaba por alí e logo ficou na portería; Roberto Porto probou a levar o mazo e a bici. Semella que vai espallándose o verme do polo. Hoxe veu por primeira vez Alberto; este máis decidido a xogar de verdade ó polo que os dous anteriores.

O da KDD ás 17:00, non a respectou nin cristo ...ás 18:00 ía chegando o primeiro (eu estaba alí para velo). E do que se dixera de levar camisolas de cores vermella e branca: so Monchiño cumpriu... mais veña a pasalo ben; si, certamente, pasámolo moi ben...
Déixovos coas fotos da xornada, que esta foi con pelota maciza de hockey (sufriron bastante os mazos): 


Mirada cara ó embigo.


· Google Adsense discrimina ó galego. Isto á parte da baixada de visitas que carrexa un blogue que non sexa en english ou castelán.  Pois nada ...que NON, sen anuncios. Aquí, resistindo. (E o caso é que o traductor automático de Google identifica ás páxinas en galego como escritas en portugués :? )



· E recén agora... 4.000 visitas (unha media, últimamente, de 25 diarias).

· E sabede tamén que navegar moito pola internet ten consecuencias nas emisións de CO2: data-centers, consumo eléctrico do computador... a sociedade de información é responsable dunha cantidade de emisións case que semellantes (2%) ás do transporte aereo mundial (3%).


Así que, rapaces, contra a propia vanidade, deixade o blog e a internet: ala para á rúa...  ide xogar ó polo!.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...