jueves, 7 de abril de 2011

KDD para xogar, venres 8 ás 20:00

A lista de correo vai tendo bo uso, e así esta podería ser a derradeira entrada no blogue para avisar ( [engadídevos] ). O subliñado: vémonos o venres 8 ás 20:00, avisade a toronto.. entero . Coma sempre, na pista de Adormideras.

2 comentarios:

  1. POST- Había gañas, e con este calorciño africano, bulía, bulía o sangue, e a cousa foi... que so faltaba engadir os ánimos prendidos de quen estivo competindo en Madrid, para achegar unha longísima xornada de xogo dende as 20:00 ata as 0:30, que foi cando vimos como se apagaban os focos.

    E foi a xornada de xogo máis agresivo que se vira dende que comezou Bikepolo Coruña. Costumes coma cargar co hombreiro, ou golpear o mazo no cal se apoia o contrario (cousa que aprenderon nos madriles das rapazas alemanas?) formaron parte do xogo de hoxe, e así perdimos a conta das veces que alguén foi ó chan. Sen maiores perdas materias que o mazo de Sebas ó chocar nun arrinque de partido, e dúas camaras de roda reventadas (tamén do Sebas) por unha coraza da roda que precisaba un troco.

    ResponderEliminar
  2. (vai sen tiles)
    Engado:

    Estamoos collendo malas costumes(!) co vicio dos partidos 3vs3 ;) :P

    Dentro de duas findes hai un convite da xente de Xixon para unha finde de polo e entrenar o campionato de España; en maio, e que da acceso os europeos.

    Esta e a primeira vez que deixamos os conos ali atados. ;)

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...