martes, 24 de mayo de 2011

CAMPIONES ! ...ou case que ;- )

Procurando... procurando... aínda non atopo fotos nin en Enciclika, nin en Bikepologijón nin na Liga Ibérica de Bikepolo... Pero xa digo agora, sen buscar máis, que temos unha grande nova dende hai unhas 24h.; aí a vai aínda que sen fotos:

E equipa d'A Coruña Vai Polo Rejo (Sebastián, Roberto, Calvet) 5º's no campionato de España, clasificada para o campionato de Europa, a celebrar en Barcelona o 23 de xuño. Equipa revelación do campionato ! !! :lol:

;- )

Despois das series suizas (puntos) entre as 22? equipas, os 8 primeiros xogaron a eliminación a dobre partido, e ós nosos tocoulles con Los Manguis (equipa punteira a nivel mundial). FANTÁSTICOS (...e seguro que xogaron limpo) non podían quedar mellor! !!(e por iso a licencia de 'CAMPIONES' no título).
...sentou de p.m a semana anterior a entrenar cos locais.

1 comentario:

  1. Estou que mecagondios... 7, sete picaduras levo arranxado dende esta mañá... NON CHEGOOOO. Está reparada a roda... e pica ós 2 minutos, ós dez os vinte ou cando saio a 200 metros de casa. Non ten picos, cambieille o fondo de lamia e a última monteina con xabón.. e acaba de picar.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...