jueves, 14 de julio de 2011

Fotakas, mércores 13 xullo

Noite quentiña; polo concurrido e polos crash test ós dummies de carne e oso.

Foi de 21:00 a 0:00. A noite veu marcada por un bloqueo de Sebas a Robert: Robert, que podía ter tempo de frear, non o fixo, e se cadra acelerou buscando unha saída ó bloqueo ...que non atopou; hostia lironda. Non se precisaban sensores xaponeses para percibir a subida da Tª e escoitar a baixada dos santos. Ben que Robert logo prestoulle a roda, e en intres semellaba que voltara a amizade; haberá que comprobalo en vindeiras xornadas.

Na mesma liña (xa levado con mellor humor)... mazazo de Calvet´e a Sebas ( ...nos dentes); choque entre Monchiño e Manel na xusta de arrincada, aparición súbita e sen avisar de Robert na pista que comín eu mesmo, e algunha outra hostia que acodeu solidaria á cita, como a que guisou Antonio el soliño, etc.

Hai que recoñecer ós compoñentes de Vai Polo Rejo (digo plural; e iso implica a lo menos a dous) o ánimo competitivo, que xorde e contaxiase espontáneo ó resto. As consecuencias caótico-destructivas, son normais á emoción de camiñar no fío da navalla.

Non so o planeta está en risco de autodestrucción.
O domingo 17: máis do mesmo!. Deixo coas fotos da xornada:

lunes, 11 de julio de 2011

Autoxestión. Engadir membr@s ó grupo de correo-e

Titorial da comisión das dúbidas recurrentes. Léase con coidado:

1. Ir ó grupo de correo de Google:
http://groups.google.com/group/acorunhabikepolo

...tamén configurado para ir premendo a dirección de correo-e do grupo:

2. ...premer en ''invitar a miembros''

3. Poñer a dirección de correo-e, e non esquecerse dunha mensaxe de benvida...

Rematar ''añadir miembros''


Xa está!

domingo, 10 de julio de 2011

Fotakas, sábado 9 xullo

KDD light de adestramento, convocada por SMS por Monchiño, xa que Calvet e Robert tiñan campionatos respectivos de BMX e de Descenso.
Estivemos de 17:30 a 22:30 ¡¡ ¡tolos!!. Monchiño colleu chute de disolvente tentando de borrar o ''Emalcsa'' coa axuda química, polo que botou a pota, chegou tarde -para variar(!)- e desculpamos que non virara ben nas curvas..jeje
Asistentes: Monchiño, Sebastián, Dan, Manel(de estrea: dous radios menos)
A vindera quedada oficial será o mércores 13.

jueves, 7 de julio de 2011

EHBPC 2011

Video do campionato europeo, con boa música e mellores xogadas. Aquí xa tedes unha idea do nivelazo de xogo que se gastan fora da nosa terra...


EHBPC 2011 from Gianluca Ricceri on Vimeo.

Fotogramas do video:
Vai Polo Rejo na táboa de equipas

O Sebas (de pé) e o Robert (sentado) na escea de entrega de premios (a partires do 8'55'')

martes, 28 de junio de 2011

Resumo do EHBC -European Hardcourt Bikepolo Championship)

Campionato animado, ollada rápida á escea ó paso de bici...

Enric on Vimeo.

O campionato presentábase con 64 equipas repartidas en 8 grupos que xogarían roldas suízas o venres e o sábado, mañá e tarde; pasando á final do domingo os 4 primeiros de cada grupo. Os coruñentos Bai Polo Rejo levaban o seu vergo o sábado á tarde:

Tralas roldas tan so ficaron no campionato dúas das equipas españolas El Club e Los Pelos , quedando xa eliminadas Chocolate Sexy, Bai Polo Rejo e Los Manguis (sorpresa) que da idea do nivel do campionato ...disque ninguén, nin eu tampouco, cruzaría Europa para vir xogas ás bolas. Na foto que sigue: El Club, que perderon na 4ª rolda do domingo con L´Equipe  3/4, e logo con Hooks 4/5, co que quedaron tamén eliminados :

...sen casco facial; disque a un inglés tiveron que retiralo do campionato con un profundo corte na cara, polo mazazo que lle deron.


No que refire ó sangue celta , Deus me perdoe, dígase galaicos, isto foi:


Ficaron no noble sexto posto da súa rolda, e colaron aínda algún gol a algunha das equipas punteiras. E aquí máis detalle de cada partido:


Moi ben, tendo en conta que 3 postos por riba no 3º posto estaban Los Pelos. Non se consola quen non quere, pero por baixar un pouco á realidade: un pouco máis suertudo que caralludo, os 7-8-9 puntos que ordearon os 3 últimos clasificados do grupo.

Ben compañeiros! boa participación!!. ¡Agardamos por vós para que nos contedes todo de primeira man! ¡SNIF..!!. ¡¡Quen sabe cando voltará a repetirse!!


E para finalizar á miña crónica dende a distancia, ligo á táboa de resultados do domingo, co seu curioso sistema de repescas, no que se permite perder unha eliminatoria. De feito, a final entre L´Equipe e Polosynthese gañáronna os suizos na revancha; xa que estes non habían perdido aínda ningun partido, e houbo repetición.

+Fotos del evento: FlickR Enciclika
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...