sábado, 1 de octubre de 2011

Bikepolo na V.Masa Crítica Galega (A Coruña, 2011). Convocatoria


A Vª Masa Crítica Galega celébrase en A Coruña mañá 1 de outubro! !! ...e o bikepolo está convidado coma estrela da diversión. Como non!


Alá que imos onde será o xantar, no anfiteatro do Parque de Santa Margarida, coas porterías feitas para a ocasión e cinta autocolante para marcar a pista, con un pasado previo de basoira (está chea de pedriñas). En principio a sesión de bikepolo no programa 'oficial da masa crítica' é o sábado 1 a despois do xantar, pero nós que non podemos autolimitarnos a un horario tan retrinxido imos ofrecérmonos a construir a cancha xa dende as 11:00 ...máis ou menos (coma horario fora de programa, tamén consideraremos o que apeteza durmir)


A ''pista'' do anfiteatro non é rápida, e ten unha lixeira pendente pero non afecta ó xogo. Probámola o venres e aínda é boa porque xoga a favor dos novatos que polo firme irregular non se controle ben a bola porque así non se sprinta. Mais pode dicirse que se xoga ben na pista!


E como teña suceso a exhibición da mañá/tarde... trala Masa Crítica Galega das 18:00 proporemos unha fuga extraoficial ata a nosa amada pista de Adormideras... para dar continuidade á festa tarde/noite e xogar en serio.


3 comentarios:

  1. http://poloandbike.blogspot.com/

    www.poloandbike.com

    ResponderEliminar
  2. Echarle un vistazo...son muy chulas...las venden en la tienda del paseo maritimo en Matadero. Muy buen precio y muy buenas calidades!!

    ResponderEliminar
  3. Xa estaba eu a botar en falla comentarios no blogue, pero vaia... que non precisamente o spam espallado polas entradas do blogue ...a ver se imos ter que instaurar a censura previa ós comentarios. Por certo, xa adicara eu unha entrada ó tema:
    http://acorunhabikepolo.blogspot.com/2011/09/polo-en-coruna.html

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...